A xestión empresarial consiste na práctica de administrar unha empresa, termo que reúne a planificación, estratexia, organización, dirección, coordinación, control e análise do desenvolvemento empresarial.

O IGAPE conta con publicacións que permiten profundizar no coñecemento deste campo. Estas publicacións poden ser consultadas e descargadas en

As necesidades de financiamento de autónomos, microempresas e pequenas empresas son debidas, principalmente, á execución de investimentos en activos ou polo sostemento do fondo de manobra.  Para elo, deberán analizar as distintas opcións de produtos financeiros ós que poderían acceder para poder obter aquel nas mellores condicións

No mercado existen entidades e produtos que poden ser axeitados os proxectos empresariais e empresas segundo as súas características. Relación da oferta de financiamento que poden atopar os emprendedores:

 


Business Angels

Estructuranse en grupos nacionais, autonómicos e en escolas de negocios.

Os business angels soen ser persoas físicas, normalmente directivos e empresarios, que achegan capital para que emprendedores poidan por en marcha seus proxectos. Xeralmente, interveñen nas etapas mais iniciais dunha empresa, con investimentos entre los 20.000 e 300.000 euros por proxecto. Ademais de estar no  capital social da empresa, achegan valor co asesoramento os emprendedores, facilitar contactos, ….

  

PuPódese informar en:

ESBAN - RED ESPAÑOLA DE BUSINESS ANGELS

- BANG - Business Angels Network Galicia  

- UNIBAN – University Business Angels Network

 -  EBAN

- AEBAN

- INNOBAN:

- INVESTBAN:

- KEIRETSU FORUM:


 

Capital Risco

Son entidades que invisten basicamente seus propios recursos, no financiamento temporal de pequenas y medianas empresas con posibilidades de crecemento.

A súa entrega de fondos o converte nun socio temporal, que intervén  na toma de decisións e presta asesoramento nas materias que poidan xurdir. Vencido o prazo pactado de permanencia na empresa, venderá as súas participacións nas que obten un rendimento como retribución polo risco asumido.

Pódese informar en:

 

- VIGO ACTIVO 

- XESGALICIA

 - UNIRISCO

- NEOTECdel Ministerio de Ciencia y Tecnología (MCYT

- ASCRI(Asociación Española de Capital Inversión)

- COFIDES (Compañía Española de Financiación del Desarrollo)

- Rexistro de entidades de capital de risco en España: 


Sociedades de Garantía Reciproca (SGR)

As Sociedades de Garantía Recíproca teñen como labores principais:

- Prestar ás pemes un aval solidario ante entidades de crédito, organismos públicos y entidades privadas.

- Negociar coas entidades de crédito e organismos públicos liñas de financiamento preferentes.

- Informar y asesorar ás pemes sobre a modalidade de financiamento mellores segundo as características de seu proxecto ou empresa.

Pódese informar en Afigal e Sogarpo.

 

 

Novas fórmulas de financiamento: Crowdfunding y Crowlendig

O crowdfunding consiste en que moitas persoas realicen pequenas achegas ó proxecto empresarial. Este sistema pode facerse mediante microdoazóns sen devolución;  as achegas supoñen un dereito de compra de futuros productos (utilizado para la edición de libros, discos, etc.) e achegas con dereito a devolución cando o negocio funcione.

O crowdlending tamén consiste no financiamento de pequenos proxectos entre moitos investidores. Neste caso, tanto os proxectos como os posibles investidores se rexistran nunha plataforma en internet. Os investidores examinan os proxectos dispoñibles ofertando para cada un a cantidade que desexan prestar e o tipo de xuro que esixen pola súa achega. Mediante un mecanismo de puxa ordenanse as ofertas segundo o xuro pedido e vanse seleccionando as de menor retribución ata cubrir o total da cantidade solicitada.

 Entidades financeiras

Existen no mercado unha relación importante de produtos financeiros en continuo cambio. Nesta exposición mencionaremos aqueles cos que traballan as pequenas empresas.

Préstamos a longo prazo.- Contrato mediante o cal a entidade financeira entrega unha cantidade de diñeiro para financiar a unha empresa. Esta debe comprometerse a devolver en cotas periódicas o principal prestado e uns xuros acordados no contrato.

Leasing.- Contrato de arrendamento financeiro con opción de compra dun ben moble o inmoble. Pode haber a seguintes operacións de leasing: a) Financeiro. A sociedade de leasing entrega o ben pero non o mantén; o cliente non pode rescindir o contrato unilateralmente; o remate da opción de compra o cliente poderá exercer ou non a opción de compra. b) Operativo. A sociedade de leasing se compromete a entregar o ben e a cambialo a medida que haxa no mercado modelos mais avanzados; neste caso o cliente pode rescindir o contrato unilateralmente. c) Lease –back. O ben arrendado é propiedade da empresa que o vende a sociedade de leasing para que a súa vez o volva a ceder en arrendamento.

Renting.- Contrato polo que a sociedade de renting pon a disposición do cliente un ben en arrendamento por un tempo determinado. O cliente deberá aboar unha cota que inclúe o uso do ben, o mantemento e o seguro ante posibles sinistros.

Préstamos a curto prazo.- Contrato mediante o cal a entidade financeira pon a disposición de unha empresa unha cantidade de diñeiro ata un determinado límite. A empresa debe comprometerse a devolver en cotas periódicas os xuros sobre as contías dispostas e a devolución do principal o remate do prazo pactado, polo xeral dun ano.

Desconto comercial.- Contrato mediante o cal a entidade financeira anticipa á empresa os efectos non vencidos de clientes que recoñecen unha obrigación de pago. A entidade financeira desconta do importe dos efectos unha cantidade en concepto de xuros en función do tempo entre o anticipo entregado e o vencemento do efecto. O desconto comercial pode representar unha liña de desconto, ou un desconto puntual.

Factoring.- Consiste en ceder a carteira de cobro a clientes dunha empresa a unha sociedade factor. O factoring facilita ás empresas converter as vendas en efectivo. A empresa cobra un xuro en función da calidade da carteira cedida para súa xestión de cobro.

Confirming.- Consiste en subcontratar a xestión de pago a provedores. Ofrecese a estes a posibilidade de cobrar antes do seu vencimento.

Avais.- Consiste no compromiso do avalista de responder da obrigación do avalado en caso de incumprimento. Establecense para contratar coa administración a execución de obras ou servizos, en contratos de arrendamento, aprazamentos de pago, etc.

 Líñas ICO

O Instituto de Crédito Oficial é un banco público, adscrito ó Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa

Préstamos Enisa

ENISA (Empresa Nacional de Innovación) dispón de varias liñas de financiamento  para as pemes e novos emprendedores, e en especial de préstamos participativos.


 

Espazos para ubicar a empresa

Martes, 06 Mai 2014 11:42

Cando se analiza a implantación dun proxecto unha das decisións que hai que tomar é onde vai a ser a sede. A elección da sede dependerá, entre outros, dos seguintes factores:

1.- Tipo de actividade a desenvolver.

2.- Custo. Despoid dos salariais soe ser o gasto fixo mais importante.

3.- Fase na que se atopa a empresa: inicio, crecemento, contracción.

4.- Relacións cos clientes para definir o deseño do espazo de traballo, é dicir, visitan os clientes á sede.

5.- Da imaxe que se quere transmitir da empresa cara o exterior.

6.- Número de persoas que integran o equipo de traballo.

Tras nomear algún dos factores que afectan a elección da sede da empresa, se analizan as opcións da oferta de inmobles para asentar o centro de traballo.

No caso de emprendedores ou empresas que teñen os empregados traballando fora das instalacións, pode xurdir  unha alternativa diferente os locais comerciais ou despachos profesionais, valorándose a viabilidade dun centro de coworking o centro de negocios.

Ambas opcións teñen na flexibilidade a súa principal razón de ser. Son tamén boas alternativas para traballadores autónomos o freelance que necesitan un lugar onde traballar. Nestes espazos se encontra dende un despacho a una dirección para domiciliar a empresa, servizos de atención telefónica, aluguer de salas de reunións de forma puntual.

Centro de negocios

Os centros de negocio son  espazos pensados para a empresa. Ofertan  servizos de domicilio socia, arrendamento de despachos, salas e equipos multimedia, servizos de atención telefónica, fornecementos de luz, auga, internet, limpeza, seguridade. Hai que destacar o aforro de custos respecto a outras alternativas.

Centro coworking

Un centro de coworking é un espazo pensado como alternativa para aquelas persoas que normalmente traballan dende o seu domicilio particular. É aínda mais flexible que un centro de negocios porque se pode arrendar un posto de traballo por unhas horas ou un mes, acudir só ás actividades que organicen para emprendedores (mellora de habilidades, capacidade de xestión da empresa, mellora das vendas, etc); ademais teñen acceso ós servizos do espazo de coworking. Unha das súas principais características é a de fomentar o traballo de colaboracións entre empresas para desenvolver proxectos en común.  

Viveiros de empresas

Outra opción é a do viveiro de empresas, que soen estra vinculados a proxectos deemprendemento, polo que piden un plan de negocio. Normalmente, están destinados ó asentamento das empresas nas fases iniciais. O uso das instalacións está limitado a uns anos. Ademais da superficie arrendada, dispoñen dunha oferta de servizos, outros espazos e equipamentos tecnolóxicos importantes. O prezo é mais económico que a oferta inmobiliaria privada.

Polígonos industriais

Nos polígonos industrias pódese encontrar unha oferta de parcelas ou naves, destinadas sobre todo a empresas manufactureiras e de distribución e loxística. Constan con servizos comúns, como as acometidas de auga, electricidade, combustibles, redes de comunicación, servizo de identificación e vixilancia. En Xestur Galicia pódese obter mais información.

Mercado inmobiliario

Hoxe en día o mercado inmobiliario dispón dunha gran cantidade de superficie a bos prezos. Para evitar problemas hai que elixir espazos onde se poda desenvolver unha actividade empresarial ou profesional, é dicir unhas instalacións deseñadas para ese fin e evitar no posible as vivendas. Unha boa opción pode ser dispoñer dun despacho ou espazo nun centro de negocios tradicional.

Tramitar a creación da empresa

Martes, 06 Mai 2014 11:42

A Lei 14/2013, de 27 de setembro, de Apoio ós Emprendedores e a súa Internacionalización, establece a integración de xanelas únicas nos Puntos de Atención ó Emprendedor. A finalidade dos Puntos de Asesoramento ó Emprendedor –PAE- é a de prestar un servizo unificado tanto a emprendedores como a empresas, establecendo un catálogo de prestacións que abarquen o establecemento, o exercicio e o cese de actividade. Ademais, amplía estes cometidos a posibles xanelas virtuais que se podan incorporar.

De acordo co disposto na Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e súa internacionalización, utilizarán o sistema de tramitación telemática do Centro de Información e Rede de Creación de Empresa –CIRCE- e deberán iniciar a tramitación a través do Documento Único Electrónico –DUE-.

Os PAE prestarán os seguintes servizos:

1.- Facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo de súa actividade e seu desenvolvemento, mediante a prestación de servizos de información, tramitación de documentación, asesoramento, formación e apoio ó financiamento empresarial.

2.- Facilitar a información e formularios necesarios para o acceso á actividade e seu exercicio.

3.- Ofrecer a posibilidade de presentar toda a documentación e solicitudes necesarias.

4.- Ofrecer a posibilidade de coñecer o estado de tramitación dos procedementos polo interesado e, en seu caso, recibir a correspondente notificación dos trámites preceptivos e a resolución dos mesmos polo órgano administrativo competente.

5.- Facilitar información sobre as axudas, subvencións e outros tipos de apoio financeiro para a actividade económica de que se trate na Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas e Entidades Locais.

6.- Facilitar a tramitación do cese da actividade.

Sen prexuízo doutros servizos que se presten, os nomeados anteriormente poderán realizarse mediante retribución económica, excepto o referente á tramitación del DUE. Cada Punto de Atención ó Emprendedor (PAE) manterá unha lista dos servizos gratuítos e de aqueles que se prestan mediante desembolso de diñeiro.

Punto de Atención o Emprendedor electrónico

O Punto de Atención ó Emprendedor electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo residirá na subsede electrónica da Subdirección Xeneral de Apoio á PEME. Corresponde a titularidade, administración e xestión do PAE electrónico á Dirección Xeneral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa.

A cumprimentación por vía electrónica do DUE estará dispoñible a través do Punto de Atención ó Emprendedor electrónico.

Onde atopar os Punto de Asesoramento ao Emprendedor

O Igape é un dos organismos que forma parte da rede de Puntos de Asesoramento ao Emprendedor. Pode consultarse a localización da súa sede e das distintas delegacións. 

Para localizar calquer outro Punto de Asesoramento ao Emprendedor de Galicia e España existe un buscador do Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE

Planificación da posta en marcha

Martes, 06 Mai 2014 11:42

O proceso de posta en marcha dunha empresa é unha parte laboriosa polo número de cuestións a atender. Por iso é preciso deseñar e trazar unha ruta con accións ordenadas e priorizadas de xeito temporal que sirva de guía para que non se esqueza ningunha importante e poder supervisalas. Para estas accións hai que fixar prazos, presentar orzamentos, definir indicadores e distribuír as responsabilidades da súa materialización.

Estas accións poden ser de constitución, de establecemento e introdución no mercado, de crecemento e expansión a outros mercados.

Os actos de constitución están relacionadas con trámites na notaría, Rexistro Mercantil,  Axencia Tributaria, Facenda Autonómica , altas de autónomos na Seguridade Social, Oficina Española de Patentes e Marcas , Servicio Galego de Propiedade Industrial .

As actuacións de establecemento están relacionadas coa obtención de licenzas e rexistros especiais segundo a actividade en organismos da administración local e/ou autonómica, materialización do financiamento e apertura de contas, arrendamentos o adquisición de propiedade inmobiliaria, acondicionamento de espazos, outros investimentos, contratación de servizos básicos (auga, luz, comunicacións, gas, …), arquivos de datos na Axencia Española de Protección de Datos,  contratos de traballo, inscripción da empresa na Seguridade Social, Consellería de Traballo  Rexistro Industrial  para proxectos industriais e de instalacións,  Rexistro da Propiedade Inmobiliaria , campaña de marketing, inscripcións en asociacións empresariais.

En canto as fases de consolidación, crecemento e expansión a outros mercados pode consultar os programas do Igape e o  Instituto de Comercio Exterior. 

Páxina 1 de 2