Avaliación do proxecto de empresa

O IGAPE a través da Unidade Galicia Emprende, facilita un servizo de avaliación do plan de negocio para aquelas persoas que conten cun proxecto xa redactado e completo
O promotor interesado pode solicitar que se elabore un informe sobre o potencial de viabilidade do seu proxecto no cal se analizan distintos aspectos clave do mesmo.
Para solicitar este servizo é necesario entrar no portal da Unidade Galicia Emprende, rexistrarse e demandar o servizo de estudio de viabilidade. Acompañando esta solicitude, no momento inicial ou posteriormente, deberá de achegarse un plan de empresa xa realizado e sobre o cal traballará a Unidade Galicia Emprende.
Posteriormente remitiráselle un informe onde se indica unha opinión sobre o potencial de viabilidade do proxecto presentado.