En qué consisten os puntos PAE
Apóianse no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e configúranse como centros nos que se asesora e presta servizos sen ánimo de lucro aos emprendedores na creación de Sociedades de Responsabilidade Limitada (SRL) e Sociedades Limitadas Nova Empresa (SLNE), a través de medios telemáticos.
En que lle podemos axudar
Estamos á súa disposición en calquera oficina do Igape, onde lle poderemos asesorar, informar e cumprimentar todos os datos necesarios para a constitución da súa empresa.
Co procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente ao PAE e ao notario, evitando así desprazarse para realizar os trámites restantes e sen necesidade de utilizar formularios en papel.
(PAE) IGAPE Puntos de Asesoramento ó Emprendedor
Para máis información
Poden dirixirse a calquera das oficinas territoriais do Igape ou consultar a seguinte dirección:
http://portal.circe.es/es-ES/emprendedor/Paginas/Emprendedor.aspx
- Prev
- Seguinte >>