Plataformas 1   China g   EEUU g   Marrocos g   Mexico g
  (Shanghai)   (Miami)   (Casablanca)   (Ciudad de México)
               
  Peru g    BREXIT g        
  (Lima)   (Londres)        

Antena empresarial do Igape en PERÚ

 Presentación Dirección/Equipo Antena

 DirectorAntenaPeru  
Emilio Guardia 
Director de Antena Perú
 

 Moitas son as características ou circunstancias que converten a Perú nun mercado atractivo para as empresas galegas.

De Perú é destacable o crecemento constante da súa economía na última década, que se viu posibilitado por varios factores. Entre eles, debeuse á continuidade nas políticas macroeconómicas que estabilizaron as finanzas públicas, a un baixo endebedamento do goberno, a promoción do crédito interno e a redución da inflación ao nivel de países avanzados. Os seus indicadores son mellores, en moitos termos, que outros países da rexión.

Así mesmo, cabe destacar que se foron levando a cabo un conxunto de medidas ligadas ao impulso do investimento público e acrecéntase o dinamismo da actividade privada.

Hai un incremento da clase media que leva aparellado un maior consumo interno de produtos de varios sectores que presentan un valor engadido.>

Novidades Perú - Impacto COVID-19 en Perú

A situación actual derivada da pandemia mundial do Coronavirus afectará no 2020 con forza a Lationamérica e para a economía peruana prevese un desplome do 14%, segundo o FMI, aínda que se estima que a recuperación para o país andino sexa pronta no 2021.

As principais entidades crediticias, corroboran coa súa clasificación do país, o exposto, considerando a Perú como un país cunha economía interna e externa favorable e unha situación política relativamente estable.

Sectores de interese:

Con relación aos sectores de interese no país, sendo este un listado non exhaustivo, destacan:

  • A construción e a enxeñería (infraestructura vial, auga e saneamento, educación, sanidade, sector enerxético)
  • Servizos, especialmente as tecnoloxías de información e comunicacións (TIC), o turismo, a loxística ou o fortalecemento institucional.
  • Produtos e servizos pertencentes ás industrias auxiliares, a sectores primarios como a agricultura, a minería, a pesca, etc.
  • Oportunidades no sector agroalimentario (polo incremento da clase media peruana con novas pautas de consumo).
  • Innovación e tecnoloxía para os diferentes sectores.
  • Nestes momentos, pola situación da pandemia, oportunidades na educación e na saúde (requirimentos de adaptación a nivel tecnolóxico)

 

Sección de contidos de interese para descargar:

 

A Antena Igape Perú presta servizos empresariais individualizados, para solicitalos acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE non exterior.