Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Xunta de Galicia www.xunta.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

  • As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.
  • Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
  • Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 31/01/2011.