Mércores, 25 Outubro 2017 11:00

Os desafíos organizativos da intelixencia artificial

Os desafíos organizativos da intelixencia artificial pixabay.com

Segundo un estudo de SAS, multinacional especializada en analítica cognitiva e visualización preditiva, para a gran maioría das compañías europeas, a adopción da intelixencia artificial aínda se atopa nunha primeira fase ou mesmo en fase de planificación e destacan como principais dificultades para a súa implantación a falta de capacidades científicas de datos necesarias para maximizar o valor da tecnoloxía e os obstáculos organizativos e sociais relativos á súa adopción. En concreto, o 50% das empresas analizadas considera que o maior reto relacionado coa intelixencia artificial é o cambio dos postos de traballo ante a automatización e a autonomía que implica, xa que entre os posibles efectos da intelixencia artificial na forma de traballar non só está a perda de postos de traballo, senón tamén o desenvolvemento doutras funcións que esixen novas habilidades.

Enlace orixinal: Os desafíos organizativos da intelixencia artificial