Martes, 21 Novembro 2017 10:47

Foro Industria 4.0

Foro Industria 4.0 Richard Stallman

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza, conxuntamente coa Xunta de Galicia e a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o encontro final do ciclo INDUSTRIA 4.0, CHAVE DA MELLORA DA COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL DE GALICIA, que se celebrará o venres 24 de novembro, a partir das 9 horas, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, en combinación con MAKER FAIRE GALICIA, a terceira edición da maior feira de inventores da península, que constitúe un escaparate para a creatividade e o enxeño.

O encontro vai dirixido a empresarios e directivos das PEMES galegas, enxeñeiros e técnicos responsables dos programas de innovación e desenvolvemento nas empresas representantes da administración, directivos de asociacións empresariais sectoriais e clústers, representantes da universidade, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.

Ademais de relatorios de Silvia Leal, directora de programas innovación na IE Business Schools, e Tomás Garcés, lead design engineer en General Electric-Firstbuild, a xornada incluirá dúas mesas redondas sobre transferencia da idea ao produto e sobre a incorporación de novas tecnoloxías como robótica colaborativa, impresión aditiva, internet das cousas e big data, onde intervirán expertos nestas materias.

Mais información: http://www.enviosapd.es/E15112017111525.cfm?WL=27139&WS=32133_446009&WA=25537

Inscrición: http://www.apd.es/ver-evento?id=12981