Venres, 29 Setembro 2017 09:28

Presentación do novo programa de instrumentos financeiros

Formulario de solicitude Formulario de solicitude depositphotos.com

O Igape achegará información detallada sobre o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activará nas próximas semanas, na xornada técnica que se desenvolverá o venres 6 de outubro no salón de actos do Mupega (San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela, a partir das 10 e ata as 11:30 horas.

O novo programa de préstamos directos do Igape ten como obxectivo apoiar, ao abeiro de liñas diferenciadas, investimentos empresariais desenvolvidos no ámbito da Industria 4.0, iniciativas impulsadas por persoas emprendedoras e proxectos innovadores. Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e 1 millón de euros, contarán con prazos de amortización entre 7 e 12 anos, e incluirán unha subvención para rebaixar os custos financeiros, polo que os xuros a pagar polas empresas beneficiarias poderían quedar no 0%.

Más información e inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.