Programa de apoio ás Marcas con Alto Potencial de Internacionalización (MAPI)

Implantación de marcas nos mercados exteriores.

O programa MAPI, desenvolvido conxuntamente coa Asociación de Marcas Renombradas Españolas (AMRE), trátase dun programa co obxectivo estratéxico de fomentar a competitividade internacional das empresas galegas mediante a implantación das súas marcas nos mercados exteriores, tanto daquelas cunha presenza incipiente como das que persigan diversificar a súa presenza xeográfica.

Este programa inclúe tanto accións individuais (asesoramento, inclusión nos programas de apoio á internacionalización do IGAPE, etc.) como colectivas, a través da participación nunha Unidade de Transferencia de Experiencias e Coñecemento (UTEC), que incluirá talleres e seminarios relacionados coa xestión internacional da marca, nos que se contará sempre coa participación de directivos das marcas líderes.

Obxectivos do programa:

  • Aumentar o número de marcas con notoriedade e implantación internacional, acelerando este proceso e reducindo os seus riscos.
  • Acadar un maior número de marcas embaixadoras da imaxe dos nosos produtos no exterior.

A empresa titular da MAPI integrarase na AMRE a través dun convenio de colaboración que lle permitirá ter acceso aos seus servizos e participar nas súas actividades, contando co apoio das principais marcas e institucións líderes españolas con experiencia internacional.

No caso de estar interesado, pode cubrir o cuestionario en liña a través do enlace: www.marcasrenombradas.com/cuestionariomapi/

Unha vez que se avalíe o seu potencial de internacionalización en base á información facilitada, porémonos en contacto con vostede para informalo das condicións e procedemento que ten que seguir para a súa adhesión ao programa.

Temas relacionados: