Alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización (IG192)

Requisitos necesarios para poder acceder a este tipo de servizos.

  • Deberase cubrir un formulario (IG192) que recolle información de utilidade para Igape a os efectos de coñecer a situación da empresa galega neste ámbito.
  • A continuación realizarase unha visita para achegar o Igape á empresa ao obxecto de: coñecela mellor, recoller suxestións de mellora de Igape e informar in situ dos programas de apoio dispoñibles para o proxecto que se desexe acometer.
  • Como resultado desa visita realizarase un informe que debe ser positivo para poder acceder a programas que requiren unha validación previa en prol dun mellor aproveitamento destes.
  • Polo que se refire a empresas exportadoras regulares e/ou con  nivel de internacionalización, o informe será automaticamente positivo a partir da información achegada e a dispoñible en rexistros públicos. Sendo polo tanto opcional a visita.
  • Este requisito só se pide unha vez para o acceso a todos os programas de internacionalización. Non obstante, poderase pedir actualización polo transcurso do tempo ou porque varíen sensiblemente as circunstancias da empresa.

 

Solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización. [Pode baixar unha plantilla cos datos que vai precisar para cubrir a solicitude de alta en programas de internacionalización, esta prantilla non é válida para a súa presentación].

 

Temas relacionados: