Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galego

A Rede que forman as asociacións de empresarios galegos no exterior ofrece o empresario galego interesado no mercado exterior un apoio singular que pode serlle de grande utilidade.

As asociacións de empresarios de orixe galega vincúlanse voluntariamente a Galicia e poñen a disposición do tecido empresarial galego a experiencia, o especial coñecemento do mercado e o seu saber facer empresarial nos países ou comunidades onde están localizadas.

Estas asociacións empresariais son entes coñecidos e respectados nos seus países ou comunidades e poden proporcionar aos empresarios galegos valiosa información práctica do mercado, consellos, advertencias e unha importante rede de contactos.

A Rede no seu conxunto representa a confi anza dunha iniciativa que busca aproveitar as sinerxías asociativas en proveito da xeración mutua de negocio a nivel global.

A Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega está en disposición de ofrecer:

  • Contacto coas institucións do país.
  • Información sobre as normas non escritas e tramites específicos.
  • Relación con empresas complementarias.
  • Oportunidades de cooperación
  • Oportunidades de negocio

 

Rede Mundial de emprearios y profesionais de orixen galego:

 ListadoAcosEGEx

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se desexa contactar con algunha asociación debe enviar un correo electrónico cos seus datos e o asunto de interese a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Temas relacionados: