As 3R do seu negocio

As-3R-do-seu-negocioNa era poscrise, os negocios xa non serán máis do mesmo. Estamos a vivir unha transformación profunda de onde e como vivimos, traballamos, consumimos e nos organizamos. As empresas están a mudar, os seus vínculos con outros actores están a expandirse e as barreiras sectoriais están a desvanecerse.

Este é un libro de introdución á Innovación en Modelos de Negocio. De presentación sinxela e visual dos novos conceptos, ferramentas e casos de referencia que poden axudarlle a re-pensar, re-deseñar e re-emprender o seu negocio abríndolle novos carreiros, sen desviacións do que resulta realmente relevante: que facer, como actuar e que debe de ter preferencia á hora de levar adiante o noso proxecto empresarial.

O autor

Fernando Sáenz-Marrero é Enxeñeiro Industrial, Economista e Diplomado en Marketing (IMD). Con máis de 30 anos de experiencia profesional, compatibiliza a súa actividade como Profesor Asociado do DEDE na ULPGC, coas tarefas de investigación, desenvolvemento de proxectos e consultoría estratéxica de organizacións na firma EDEI CONSULTORES, S.A. da que é Socio-Director.

Participou ou dirixiu máis de 300 estudos e investigacións en distintas áreas de economía, marketing, xestión da innovación, emprendeduría, deseño de novos modelos de negocio, viabilidade empresarial e xestión de recursos das organizacións públicas ou privadas. Participou como "co-creador" xunto a 470 profesionais de 45 países no libro: Business Model Generation (2010).

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios