i-Economía

i-EconomiaOs patróns do crecemento global estan cambiando: é o deseño e non a produccion o que achega valor ao produto; todo o que se pode dixitalizar e intercambiar via Internet pódese contratar en calquera parte do mundo. O valor reside en concibir mellores prestacións e saber detectar as necesidades dos consumidores. As empresas que non o fagan, mentres as súas competidoras si, terán mais custos e reduciran as súas vendas. A tecnoloxía e a economia fusionáronse no que denominamos i-Economia, porque cambiou o xeito no que nos divertimos, traballamos e nos organizamos. As empresas enfróntanse ao reto de ter clientes cada vez mais informados e esixentes. ¿Que fai que uns territorios sexan mais atractivos que outros? ¿Que fai que uns sexan mais dinamicos que outros e que logren atraer persoas con talento? En definitiva, ¿Cales son as claves da i-Economia?

Os autores

Javier García ten unha dilatada experiencia na docencia e é consultor no ámbito da innovación e a planificación estratéxica. Participa, cos principais bufetes legais do país, en plans de reestruturación empresarial no ámbito laboral, mercantil e fiscal. ademais, é socio da firma de consultoría Instituto CIEs. Participou na definición de estratexias de colaboración para diversas agrupacións Empresariais Innovadoras e dirixiu diversos traballos de avaliación de políticas públicas.

Paco Prieto é Director da Fundación CTIC-sociedade da Información. a súa actividade profesional estivo vinculada a un amplo espectro de proxectos relacionados coa sociedade da Información, como a Rede de Telecentros do Principado de asturias, a Rede de Centros saT ou a redacción e posterior monitorización de Plans Estratéxicos da sociedade da Información a nivel territorial. Participou en diferentes seminarios e congresos, así como dirixiu congresos internacionais, ademais de ser autor de diversas publicacións sobre o tema.

Pablo Priesca é Director Xeral do CTIC-Centro Tecnolóxico. Dende hai vinte anos, a súa carreira profesional está ligada ao desenvolvemento da Internet e das TIC. É asesor e experto de programas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Director do proxecto que permitiu crear en España a Oficina Española do W3C, deseñou a estratexia e a creación do centro tecnolóxico do que actualmente é director xeral e que é referencia internacional en tecnoloxías de última xeración para a Internet.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios