Proxectos e cooperación

A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas coma con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.

A cooperación empresarial é probablemente a mellor opción que teñen as PEME, con recursos sempre máis limitados que as grandes empresas, para enfrontar con garantías de éxito os retos competitivos que formulan os novos mercados, tanto locais coma internacionais.

O IGAPE confía na capacidade exemplificadora e de arrastre asociada ás iniciativas das agrupacións empresariais innovadoras. Por ese motivo, incentiva o desenvolvemento de proxectos impulsados por asociacións empresariais, para reforzar deste xeito o traballo colaborador e o propio tecido asociativo de Galicia.

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar