Invest in Galicia é unha plataforma de asesoramento e información destinada a empresas non galegas con interese en investir por primeira vez na Comunidade. O seu obxectivo é axudar estas empresas no seu proceso de xestión e desenvolvemento do seu proxecto.

Página web Invest in Galicia

Os impulsores de proxectos de nova implantación en Galicia poderán dispoñer dos servizos gratuítos de información, asesoramento e acompañamento que necesiten no seu labor de busca de chan industrial necesario para o seu asentamento, así como na tarefa de procura de aliados locais ou na localización dos apoios institucionais

O Conselleiro de Economía e Industria destaca que "o Plan Ferrol arrincará en 2012 cunha nova etapa, despois de dous anos nos que se cumpriron os obxectivos". Javier Guerra resalta que en 2011 se aprobaron máis de 300 proxectos, o que supón que foran concedidos 67 millóns de euros en axudas. O conselleiro sinala que os investimentos mobilizados neste exercicio, ao abeiro do Plan Ferrol, xeraron máis de 350 empregos industriais, e lembra que a ampliación da vixencia do Plan dous anos máis até 2013, mostra o compromiso do Goberno da Xunta co desenvolvemento de Ferrol, Eume e Ortegal.

O director do Igape, Javier Aguilera salientou hoxe na Tecnópole o privilexiado marco de apoio existente para dinamizar a actividade empresarial en Ourense, ao abeiro do Plan Impulsa. O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, expuxo as liñas principais das axudas a proxectos empresariais de I+D de alto impacto ao amparo do programa FEDER-Innterconecta Galicia, "que multiplicará por sete cada euro destinado pola Xunta".

O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.