Actividades formativas

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organiza diferentes actividades formativas directamente ou colaborando con distintas entidades (concellos, universidades, consellería de Cultura, Educación e O.U., asociacións empresariais…) destinadas a fomentar a creación, maduración e consolidación de empresas así como a difundir a cultura emprendedora na nosa Comunidade.

A tipoloxía dos distintos seminarios que organiza o IGAPE adáptase aos obxectivos perseguidos en cada un deles, tendo un carácter específico na súa duración, contido e metodoloxía, así como na forma de impartilos, que pode ser presencial ou virtual.

Nesta páxina ou a través do noso boletín de noticias poderá informarse das distintas convocatorias abertas e do proceso a seguir para participar nelas.

Compartir en redes sociais