Open data_II

portada do libro Vivimos nun entorno cada vez máis globalizado e competitivo no que a información pública se convertiu nunha peza peza vital.

Open data é unha filosofía e práctica que persegue que determinados datos estean dispoñibles de forma libre a todo o mundo. De esta a todo o mundo. Desta maneira, a información pública debe ser un elemento chave en calquera sociedade co obxectivo de incentivar o seu uso como elemento motor da innovación.

Os autores

Carlos Pintos é actualmente coordinador de proxectos na entidade pública empresarial Rede.es adscrita á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información. Enxeñeiro informático con perfil de especialización en Enxeñaría do software, colaborou en multitude de proxectos innovadores relacionados con novas tecnoloxías en distintas áreas de negocio. Con máis de 15 anos de experiencia profesional, desempeñou cargos relevantes tanto no sector público como na empresa privada. Ao longo da súa traxectoria prestou os seus servizos profesionais en distintas empresas, entre as que se atopan Accenture, Eresmas Interactiva, a Biblioteca Nacional Española, Entel e Rede.és, onde actualmente desenvolve proxectos de impulso ao desenvolvemento da Sociedade da Información en España.

José Luís Marín é Enxeñeiro de Telecomunicación e Diplomado en Ciencias Empresariais. Profesionalmente, despois dun breve período na Universidade de Valladolid, desenvolveu a súa carreira na consultora Gateway S.C.S., propietaria de marcas como Euroalert.net, onde actualmente desempeña o cargo de Director Xeral. Desde 1998 dirixiu múltiples proxectos de I+D+i, todos eles no ámbito das tecnoloxías asociadas a Internet e, en particular, á Web. Ademais, é evaluador de proxectos de VII Programa Marco (FP7) para a Comisión Europea. Coeditor do blog sobre tecnoloxía e economía da participación OpenEconomy.net, escribe sobre cidadanía dixital en ‘Mi casa en Internet’ e participa en múltiples iniciativas relacionadas co impulso do software open source, a innovación e o coñecemento libre e aberto.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios