Como elaborar un plan de empresa

Dous dos obxectivos fundamentais do plan de empresa son o de facilitar a avaliación sobre a potencial viabilidade e rentabilidade do proxecto, e o de servir como “carta de presentación” ante terceiros, por elo temos que ter en consideración os seguintes aspectos no momento de afrontar a súa redacción:
• Coherencia. O plan de empresa debe de ser coherente entre todas as partes que o configuran. O equilibrio e a relación entre os distintos apartados (recursos materiais, ventas, recursos humanos, plan de comunicación, custes fixos…etc) aportará un gran valor ao documento xa que lle dará credibilidade.
• Homoxéneo. Todos os apartados deben de ser analizados por igual e cun grado de calidade similar, é habitual desenvolver en profundidade o apartado técnico da empresa –o que como promotor se coñece en maior profundidade- e descoidar aspectos como a comercialización ou as estimacións económicas.
• Calidade da información.  Os datos sobre os que constrúe o plan deben de ser actuais, e na medida do posible, verificables .
• Conciso. O plan de empresa non debe de ser moi extenso sen que isto implique perda de rigorosidade.
• Interesante. No posible o plan de negocio debe de chamar a atención do lector, e transmitir confianza no proxecto.

Elementos que analiza un plan de empresa
O equipo promotor dun proxecto empresarial pode atopar distintos exemplos e índices de plan de empresa nos que basarse no momento de elaborar o seu proxecto.  O importante non a orde en que determinado índice organice a presentación da información, senón que nel se recollan os aspectos fundamentais que deben de estar presentes nun plan  de empresa.
• Resumen executivo
O resumen executivo pode estar incluído no plan de empresa ou presentarse como un documento independente. A súa redacción faise unha vez finalizamos o plan de negocio.
O obxectivo do resumen executivo é o de explicar, clara e brevemente, en qué consiste a idea de negocio e atraer a atención do lector, espertando o seu interese polo proxecto e/ou polo promotor.
 
Os elementos que debe de recoller un resumen executivo son os seguintes

  1. Explicar a oportunidade do negocio e a visión, misión e obxectivos da empresa
    o Presentar ao equipo promotor que está detrás do proxecto
    o As características do mercado, a competencia e os clientes aos que se dirixe a empresa
    o Os principais parámetros económicos (investimento, financiamento, ventas e conta de resultados)

• Equipo promotor
Describir o perfil académico, laboral e empresarial do equipo promotor destacando aqueles aspectos que estean directamente relacionados co sector no cal desenvolverá a súa actividade a empresa. Outros aspectos de interese son cómo xurdiu o proxecto e o grao de vinculación do promotor co mesmo.

• Actividade da empresa
Describir a que se dedicará a empresa, que vai a facer e para quen o fará. A empresa resolverá un “problema” para os clientes, e o fará dun xeito diferente ao dos produtos ou servizos da competencia. Explicarase cal é esta solución e o elemento diferenciador dista solución.

• Proceso produtivo
Describir os elementos ou fluxos que fan posible e condicionan a realización da actividade da empresa (infraestructuras, equipos, recursos, normativa..etc).

• Mercado
Definir o mercado ao que accederá o produto e/ou servizo ofertado pola empresa, o seu tamaño, a súa evolución nos últimos anos e como son as súas expectativas no futuro.
Describir os rasgos fundamentais que definen aos segmentos de clientes, os seus hábitos de consumo e os motivos de compra do produto e/ou servizo. Fixaranse as previsións de ventas desagregadas por liñas de produto ou servizo.

• Comercialización
Explicar cales son os criterios a seguir para determinar os prezos unitarios de venda.
Describir como se vai a dar a coñecer e vender entre os potenciais clientes os produtos/servizos que ofrecerá a empresa e determinar as canles de comercialización e distribución que se van utilizar.
Definir os obxectivos de comunicación e a mensaxe que se quere transmitir da empresa sobre aspectos como a súa identidade, a publicidade ou a promoción de ventas

• Aspectos formais
Indicar os requisitos, fundamentalmente de tipo administrativo, necesarios para poñer a empresa en funcionamento (Facenda, Municipio, Seguridade Social...).
Definir a forma xurídica elixida para desenvolver a actividade.

• Recursos humanos
Determinar a dimensión do cadro de persoal, as súas funcións e responsabilidades, tanto dos promotores como dos traballadores por conta allea –de selo caso-,  os sistemas de coordinación e organización, os criterios para determinar a selección e  contratación de persoal e a política salarial.

• Análise DAFO
Analizar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da empresa desenvolvendo un DAFO da mesma.

• Planificación
Indicar os requisitos, fundamentalmente de tipo administrativo, necesarios para poñe-la empresa en funcionamento (Facenda, Municipio, Seguridade Social...).

• Plan económico e financeiro
Explicar e detallar os elementos que permiten analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto: Investimentos necesarios, fontes de financiamento, ingresos,  custes variables, custes fixos, política de circulante, punto de equilibrio, conta de resultados previsionais, balance e  previsión de tesourería.

Cal é o horizonte temporal dun plan de empresa?
O máis habitual é que o plan de empresa se elabore a 3 ou 5 anos.

Modelos de plan de negocio

O IGAPE conta con 32 exemplos de plan de negocio nos cales se desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento, que sen substituír o traballo específico do emprendedor, facilite información e sirva como referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de empresa.


Ver e descargar os modelos de plan de negocio 


Ferramentas para elaborar o plan de empresa
O IGAPE pon a disposición dos emprendedores unha serie de recursos que facilitan a elaboración do plan de negocio
• Índice de plan de negocio
• Índice de plan de negocio resumido
• Ferramenta para elaborar o plan económico e financieiro. Programa Viable2020
• Criterios para escoller a forma xurídica