Luns, 02 Xullo 2018 08:28

Casos de uso da realidade virtual e aumentada

Casos de uso da realidade virtual e aumentada pixabay.com

Walmart e a empresa de capacitación VR STRIVR crearon un programa de formación baseado en realidade virtual para todas as 200 academias de adestramento que ten en EE.UU. Usando un casco Oculus Rift, o programa virtual capacita aos novos empregados en tres tipos de situacións: eventos especiais como Black Friday, protocolos de atención ao cliente e mellores prácticas loxísticas como reposición de andeis e almacenamento. En cada sesión de capacitación, os cascos dos alumnos conéctanse a unha pantalla grande para que o resto de asistentes poida ver o mesmo, mentres que un profesor comenta as súas accións. Ademais, o sistema rexistra os movementos oculares dos alumnos, o que proporciona retroalimentación aos creadores do programa sobre como os usuarios interactúan co contido. Como resultado, o 70 por cento dos alumnos que usaron realidade virtual obtiveron mellores resultados nos seus exames de avaliación de aprendizaxe en relación a aqueles que non o fixeron. Os alumnos que empregaron realidade virtual tamén informaron un aumento do 30 por cento en satisfacción xeral coa formación, en comparación con alumnos que non empregaron realidade virtual.

Artigo orixinal: Understanding Use Cases for Augmented, Mixed, and Virtual Reality