Mércores, 02 Mai 2018 11:23

O crecente impacto da intelixencia artificial

O crecente impacto da intelixencia artificial pixabay.com

O crecente número de datos que está a ser analizado por máquinas cada vez máis intelixentes está a abrir camiños a aplicacións sorprendentes e proporcionando solucións a problemas que estiveron fóra do seu alcance. Na industria do cinema, as máquinas "miran" películas e vídeos, rexistran a súa intensidade emocional e danlle pistas a guionistas e creadores de contido sobre como facer que as historias sexan máis atractivas. E na banca, a capacidade da intelixencia artificial para detectar anomalías entre millóns de transaccións axuda aos analistas de risco bancario a eliminar os falsos positivos que lastran a súa produtividade. Para un número crecente de industrias, a intelixencia artificial está a inclinar o campo de xogo; e haberá que entender como o fan antes de que o consigan os competidores.

Artigo orixinal: AI’s growing impact