Martes, 17 Abril 2018 00:00

Dixitalización non é o mesmo que transformación dixital

Dixitalización non é o mesmo que transformación dixital pixabay.com

Requírese traballar en varios eixos distintos para dar os pasos adecuados para a transformación dixital:

  • Estratexia, organización e modelo de negocios: facer unha avaliación da situación da contorna da empresa, validar o modelo de negocio actual e medir o nivel de madurez dixital no que se atopa actualmente para poder planificar os seguintes pasos a tomar antes de comprar calquera tecnoloxía.
  • Cultura organizatival e capacidades: transformar a cultura tradicional da empresa a unha cultura dixital; os empregados de toda a organización teñen que estar aliñados coa transformación dixital do negocio.
  • Clientes e proposta de valor: requírese conversar cos principais clientes mais importantes para validar cales son as súas necesidades actuais e futuras, que nos orienten en como transformar os nosos produtos con modelos de innovación aberta ou pechada, para co-crear os novos produtos dixitais que demanden os nosos clientes no futuro.
  • Tecnoloxía, procesos e operacións: finalmente a tecnoloxía ten que estar aliñada cos 3 puntos anteriores e analizar cal é o camiño correcto a tomar en cada unha das iniciativas de innovación identificadas para a dixitalización dos procesos internos que nos leven ao camiño correcto para lograr a ansiada transformación dixital.

Artigo orixinal: No confundas Digitalización con Transformación Digital