Martes, 21 Novembro 2017 10:55

Mellorar a produtividade da maquinaria

Mellorar a produtividade da maquinaria pixabay.com

Cando as organizacións analizan na actualidade o rendemento da súa maquinaria, xeralmente miran as súas operacións actuais e buscan formas de melloralas. É unha forma natural de enfrontarse á análise, pero representa só unha solución parcial. Un enfoque máis preciso é comezar por trazar os límites teóricos das máquinas: como poderían funcionar en condicións ideais sen perdas por ineficiencias mecánicas, procesos non estándar, materias primas defectuosas ou outras fontes. Ningunha máquina pode alcanzar o rendemento teórico máximo no mundo real, pero ao comparar o rendemento actual co estado teoricamente ideal, as empresas poden identificar as áreas dos seus sistemas de produción actuais onde as perdas son maiores e centrar nelas os seus esforzos de mellora. As perdas identificadas mediante este enfoque de rendemento teórico máximo, pódense dividir en dúas categorías: perdas de deseño, que están determinadas polas características físicas das máquinas involucradas, e perdas operativas, que están determinadas pola forma en que esas máquinas se operan e manteñen. Dado que as perdas operativas a miúdo pódense abordar con pouco ou ningún investimento de capital, deberían ser o foco inicial de calquera esforzo de mellora. Entre este tipo de perdas operativas pódense identificar: rexeitamentos e reprocesos, consumos cando as liñas están paradas, traballo a velocidades inferiores á máxima, consumos provocados por traballos fóra dos parámetros óptimos de operación, ...

Enlace orixinal: Optimizing production in the age of the machine