Neste apartado pódese consultar a base de datos de candidatos no mesmo momento en que o IGAPE os valida. A consulta permite seleccionar por unha serie de criterios e ver o "ID" de cada candidato (con formato de catro letras e catro números XXXX-9999). O contacto cos candidatos será posible unha vez presentada a solicitude de axuda por parte da empresa.

Acceso á base de datos de candidatos.

20/1/2020: co fin de facilitar a selección, unha vez publicada a resolución do programa, o número de candidatos dispoñibles inicialmente para cada empresa beneficiaria pasa a ser de 20 (en lugar de 5) 

Para contactar cos candidatos a empresa deberá presentar unha solicitude formal do programa Profesionais 4.0 na oficina virtual do IGAPE e seguir o procedemento seguinte:

  • Unha vez presentada a súa solicitude do programa IG256, aparecerá na oficina virtual un botón co texto "Profesionais 4.0 - Contacto". 
  • Desde a aplicación permitirase cubrir un máximo de 5 "IDs" de candidato. No momento en que se introduza esta información, tanto a empresa solicitante da axuda coma o candidato recibirán un email cos datos de contacto.
  • No caso de que, unha vez contactados estes primeiros 5 candidatos se necesite seguir contactando, a empresa deberá poñerse en contacto cos xestores do programa en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  para solicitalo.