EIOLOGData: Venres 13/12/2019 ás 11.30

Lugar: Santiago de Compostela, Hotel Quinta da Auga (Ver mapa)

Programa - Inscríbase enviando email a  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

O pasado mes de novembro, o Consello da Xunta aprobou a Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia (EIOLOG). Esta iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e -como non- da industria galega que se depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.

É a hora de comezar a poñer en marcha os programas contidos na EIOLOG, e para elo a Xunta colaborará co Cluster da Función Loxística, que está aberto á incorporación de socios que compartan 

Nesta xornada, coa participación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria D. Francisco Conde, presentarase a estratexia, o esquema de colaboración público-privado que a impulsará, e abriranse canles de participación aos asistentes interesados.

 

 

EIOLOG

En novembro de 2019, o Consello da Xunta aprobou a Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia (EIOLOG). Esta iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e -como non- da industria galega que se depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.

Trátase dunha estratexia que contempla un amplo grao de colaboración público-privada a través do Cluster da Función Loxística de Galicia, e que comeza con un programa de cooperación interrexional (POCTEP Co-Logistics) para o seu desenvolvemento.