Un aspecto central de Profesionais 4.0 é o plan de mellora. O programa está pensado para axudar ás empresas nun proceso de mellora, e polo tanto as contratacións para as que se concede a axuda deben ser encadradas nese contexto. Debe terse en conta que os proxectos poderán consistir tanto na execución de plans de mellora competitiva internos das empresas como na prestación de servizos de mellora a terceiros. Neste último caso, os servizos a empresas nos que se integrarán ás persoas contratadas non consistirán en actividades permanentes ou periódicas de xestoría ou auditoría (asesoría ou xestión fiscal, contable, laboral, servizos xurídicos periódicos, auditoría, publicidade e outros similares). En todo caso, as empresas prestadoras de servizos deberán xustificar na súa memoria como se vai beneficiar o tecido produtivo galego do traballo que realizarán as persoas contratadas.
Unha boa práctica á hora de solicitar esta axuda é encadrala noutros apoios públicos xa concedidos ou aos que se vai optar, por exemplo o Programa Re-acciona do IGAPE, o Programa InnovaPEME de GAIN ou o Programa Activa Industria 4.0. O programa Profesionais 4.0 pode servir para contar cunha forza de traballo adicional á hora de levar a cabo os proxectos incluidos nestes programas.
A previsión de funcionamento do programa é a seguinte (a data de resolución é indicativa):
A axuda é válida para contratos que se realicen entre a solicitude da axuda e 6 meses despois da resolución. Téñase en conta que para recibir a axuda é imprescindible que as persoas contratadas estean previamente na base de datos de candidatos do IGAPE, e que esta base pechará o seu acceso no momento de publicación da resolución.
Deste xeito, se a entidade vai contratar a unha persoa xa seleccionada, debe indicarlle que se dea de alta neste prazo na base de datos. Do contrario, a entidade pode consultar os candidatos de forma anónima ata o momento en que entregue a solicitude de axuda. Unha vez que entregue a solicitude, poderá poñerse en contacto sucesivamente cos candidatos que lle interesen ata atopar ao idóneo. O IGAPE organizará estes contactos.
Á hora de presentar a solicitude, a empresa comprométese a unhas determinadas características do contrato: remuneración , duración, experiencia do candidato, etc. En función deste compromiso, recíbese unha puntuación determinada. Máis tarde, no momento de contratar, a empresa pode contratar a calquera persoa -que cumpra os requisitos- coa que a súa puntuación non descenda fronte á recibida na resolución.
Consideraranse os seguintes tipos de proxectos de mellora competitiva:
a) Optimización financeira/mellora do circulante.
b) Profesionalización da produción e a cadea loxística.
c) Relanzamento comercial.
d) Xestión por procesos e sistemas de xestión da calidade.
e) Imaxe e comunicación empresarial.
f) Deseño e desenvolvemento da estratexia empresarial.
g) Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
h) Innovación empresarial.
i) Desenvolvemento do capital humano.
j) Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
k) Asesoramento integral ao proceso emprendedor.
l) Dixitalización da empresa.
m) Creación de contidos dixitais.
n) Incorporación efectiva de tecnoloxía.
Unha única solicitude pode incorporar varios destes ámbitos, se ben cando se trata de proxectos claramente independentes é posible presentar varias solicitudes por parte dunha mesma entidade (en ningún caso se asignarán máis de 5 persoas a unha mesma entidade).
A convocatoria financia a contratación, a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de grao superior de FP ás empresas. As principais cuestións que se deben ter en conta son:
1. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.
2. Os profesionais a contratar deben cumprir os seguintes requisitos no momento de formalizar o contrato:
Entidades que poden solicitar a axuda
- Empresas grandes ou pequenas que vaian desenvolver un proxecto de mellora interna.
- Empresas prestadoras de servizos nos ámbitos admitidos.
- Asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro que presten este tipo de servizos.
A axuda está dirixida a empresas de calquera tamaño e organismos intermedios, definidos nas bases reguladoras no artigo 4.1.b. Máis importante que o tipo de entidade é a actividade de mellora que se vai realizar. No caso dos centros tecnolóxicos, débese ter en conta que non poderán solicitar a axuda para executar actividades de I+D (para o cal xa dispoñen de outros programas da Consellería), e que os beneficiarios finais das actividades realizadas deben ser empresas galegas.
Nos casos nos que hai vinculación entendemos que este tipo de requisitos esténdense tamén ás empresas vinculadas debido a que, aínda que hai persoas xurídicas diferentes, o órgano decisor é o mesmo. Este órgano tería, por tanto, a potestade de intercambiar traballadores entre empresas para aproveitar a axuda de forma irregular, que é o que pretende evitar a norma.
Deste xeito, non serán válidas as xustificacións nas que na vida laboral consten contratacións con empresas vinculadas á beneficiaria.
(será actualizado segundo vaian xurdindo dúbidas de carácter xeral)
Neste apartado pódese consultar a base de datos de candidatos no mesmo momento en que o IGAPE os valida. A consulta permite seleccionar por unha serie de criterios e ver o "ID" de cada candidato (con formato de catro letras e catro números XXXX-9999). O contacto cos candidatos será posible unha vez presentada a solicitude de axuda por parte da empresa.
Acceso á base de datos de candidatos.
20/1/2020: co fin de facilitar a selección, unha vez publicada a resolución do programa, o número de candidatos dispoñibles inicialmente para cada empresa beneficiaria pasa a ser de 20 (en lugar de 5)
Para contactar cos candidatos a empresa deberá presentar unha solicitude formal do programa Profesionais 4.0 na oficina virtual do IGAPE e seguir o procedemento seguinte: