Deadline for submitting applications will end on 20/11/2014

MICROCRÉDITOS - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DAS MICROEMPRESAS TITULARES DE PRÉSTAMOS INFERIORES A 25.000 EUROS CON FONDOS DO ICO 2014

Purpose / Objective

Bonificación dos custos financeiros das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

As axudas aplicaranse ao financiamento obtido das entidades financeiras con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), mediante as seguintes liñas:

• LIÑA ICO-EMPRESAS E EMPRENDEDORES 2014
• LIÑA ICO-GARANTIA SGR/SAECA 2014

Relación de Entidades Financeiras adheridas:

- Caixa Rural Galega
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
- Bankinter
- NCG Banco
- Banco Caixa Geral
- Banco de Sabadell
- Banco Pastor
- Banco Popular Español
- Caixa Bank
- Banco Santander
- Bankia

Types of support

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. A ditos efectos, terá a consideración de microempresa, a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 10 traballadores.
b) Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
c) Que cumpra o criterio de independencia.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO), por un importe inferior ou igual a 25.000 euros, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización, establecidas nestas bases.

Ademais non ser considerados empresas en crise no sentido das directrices comunitarias sobres axudas estatais de salvamento e restruturación de empresas en crise e cumprir as condicións específicas para cada liña establecidas no artigo terceiro destas bases.

Sectors eligible for subsidy

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II.

Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE do 25 de xullo) e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 del Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

Main project requirements

Só terán acceso as axudas de bonificación dos custos de financiamento establecidas nestas bases, os préstamos formalizados por un importe inferior ou igual a 25.000 euros, e só un por beneficiario.

A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100% do proxecto, non obstante a bonificación do Igape calcularase para o 75% do importe do préstamo.

* Prazos de amortización e carencia.

Serán atendibles os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 5 anos.

Os prazos e sistemas de amortización serán os establecidos polo ICO, para o financiamento destinado a investimentos, da LIÑA ICO EMPRESAS E EMPRENDEDORES e LIÑA ICO GARANTIA SGR/SAECA, seguintes:

5 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pago de principal.
7 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pago de principal.
10 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pago de principal.
12 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pago de principal.
15 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pago de principal.
20 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pago de principal.

* Tipos de xuro e comisións

Os tipos de xuro, segundo o prazo e modalidade escollida, serán os establecidos polo ICO nos respectivos contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras mediadoras, e publicados quincenalmente na súa páxina web, no apartado de tipo de xuro que figura na ficha de cada liña, www.ico.es

Nas operacións sen aval de SGR, a entidade de crédito non aplicará ningunha comisión ao cliente pola concesión do financiamento. No caso de contar con aval financeiro do 100%, a SGR poderá aplicar unha comisión de estudo máxima do 0,50% do importe total da operación.

As SGR poderán cobrar ao cliente as seguintes porcentaxes, en concepto de comisión de aval:

• Ata 1,15% do importe avalado en operacións con prazo a 1 ano.
• Ata 2,00% do importe avalado en operacións con prazo de 2 ou 3 anos.
• Ata 2,15% do importe avalado en operacións con prazo superior a 3 anos.

Investments or eligible costs

O financiamento poderá destinarse aos seguintes conceptos:

• Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.
• Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000 euros, sen incluír o IVE.
• Adquisición de empresas.
• Liquidez co límite do 50% do financiamento.

Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Non se concederá axuda, por parte do Igape, ao financiamento destinado a:

- Vehículos de transporte, no sector de transporte de mercadorías por estrada.
- Adquisición ou construción de buques de pesca.
- O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.

Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. Poderanse financiar investimentos realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 ata un ano dende a formalización do préstamo. A diferenza entre os importes correspondentes aos investimentos e o importe disposto do financiamento, considérase utilizado para liquidez.

O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente e adquirida deberán ter o seu domicilio social en Galicia.

Amount of aid

1.- A axuda do Igape consistirá na bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases, na axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos e, se é o caso, na compensación do custo da comisión do aval financeiro prestado por unha SGR.

A axuda financeira, determinarase do seguinte xeito:

a) Bonificación do tipo de xuro, de acordo cos seguintes criterios:

- Con carácter xeral, 2 puntos porcentuais.
- 3 puntos porcentuais, no caso de proxectos de investimento nos concellos con apoios específicos relacionados no ANEXO IV.
- No caso de emprendedores, 0,5 puntos porcentuais adicionais.
- No caso de contar con aval de SGR, 0,5 puntos porcentuais adicionais.

b) Axuda financeira do 15% sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos.

c) Compensación da comisión do aval financeiro, no seu caso

2.- Terán a consideración de emprendedores, as persoas físicas e xurídicas que se encontren realizando unha actividade empresarial ou profesional con ata corenta e dous meses de antigüidade ou ben os trámites previos para poder desenvolver unha actividade económica. Dito prazo computarase dende a data de formalización do préstamo.

3.- Tanto a bonificación ao tipo de xuro como, se é o caso, a compensación da comisión de aval da SGR, calcularase do seguinte xeito:

a) Calcularanse os valores absolutos das bonificacións a percibir durante o período teórico de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia. Aos efectos de excluir o IVE, tomarase coma base para o cálculo o 75% da operación formalizada e coma base da liquidación o ano comercial (360 días).

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da formalización da operación financeira.

c) No caso de que a operación fose formalizada a un prazo superior a 7 anos, a compensación da comisión de aval da SGR, calcularase de xeito teórico, coma se fose a 7 anos, incluída a carencia.

d) O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola dita amortización.

4.- No suposto de que o tipo de xuro alcanzase niveis inferiores aos puntos de bonificación, a axuda do Igape limitaríase ao tipo de xuro establecido para a vixencia da operación, ou ben para o primeiro período, no caso de operacións a tipo de xuro variable. É dicir, o tipo de xuro resultante, tras a bonificación de xuros non poderá ser inferior a cero.

5.- A axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos, calcularase aplicando a porcentaxe do 15% sobre o 50% da base de cálculo tida en conta para a bonificación de xuros e, no seu caso, compensación da comisión de aval.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de novembro de 2014

Incompatibility

Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas - pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis.

Cando o importe de axuda que se vai conceder con suxeición a estas bases supere o límite máximo global, o dito importe de axuda reducirase na parte que proceda.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, das axudas recibidas en réxime de minimis nos derradeiros tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Legislative Reference

Resolución do 26 de maio de 2014 (DOG Nº103 do 02/06/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
Resolución do 10 de xullo de 2014 (DOG Nº137 do 21/07/2014) - Adhesión entidades financeiras.
Resolución do 21 de xullo de 2014 (DOG Nº147 do 05/08/2014) - Adhesión entidade financeira.

Information and processing in

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través do enderezo de internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o formulario, a aplicación xerará unha solicitude que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática (ANEXO I) e que deberá asinar o solicitante.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse:

- Por vía electrónica. Para iso asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

- Ou ben, en papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando a instancia de solicitude normalizada (ANEXO I) co IDE, acompañada da documentación establecida.


Xunto coa instancia de solicitude, deberá presentarse a seguinte documentación:

• Póliza da operación financeira formalizada.

A fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, nos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147.

Observations

Para facer efectivo o pagamento da totalidade da axuda o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento, no prazo máximo de 1 mes dende a data de remate do período de execución (o período de execución remata un ano despois da formalización da operación de financiamento). No caso de que o investimento xa estivese realizado con carácter previo á resolución de concesión da axuda, o prazo dun mes computarase dende o día seguinte á notificación da resolución.