Luns, 08 Xaneiro 2018 11:34

Cambios na educación provocados pola dixitalización

Cambios na educación provocados pola dixitalización pixabay.com

É necesario un pacto no sistema educativo. Non só para usar as TIC nas escolas e universidades, que é necesario e que con maior ou menor éxito está a levarse a cabo, senón para cambiar o deseño curricular no seu conxunto, a forma de ensinar e de aprender. Non podemos seguir baseando a educación exclusivamente na memorización de contidos non sempre entendidos polo alumno e ás veces obsoletos. Os máis novos non comprenden esa reiterada memorización nun mundo no que ese contido é facilmente accesible a través dun clic. Hai que educar aos nenos naquelas áreas, máis estimulantes, que internet e a sociedade da información son incapaces de xerar: alentar a prudencia, o pensamento crítico, a capacidade de sistematizar e presentar ideas, o traballo en grupo e a creatividade. Estas son as ferramentas que permitirán aos máis novos navegar con éxito na súa vida persoal e profesional. O cambio afecta os nenos e aos educadores. E debemos estimular aos máis novos cara a unha especialización, a medida que avancen nos seus estudos, que non lles impida ter coñecementos noutras áreas. Por que? Porque esta é a semente da innovación TIC, cuxo orixe está, case sempre, na combinación de coñecementos en diferentes materias.

Enlace orixinal: Una agenda digital imprescindible