Mércores, 04 Outubro 2017 13:42

Tecnalia pon en marcha o primeiro laboratorio industrial da tecnoloxía de cadea de bloques ou "blockchain"

Tecnalia pon en marcha o primeiro laboratorio industrial da tecnoloxía de cadea de bloques ou "blockchain" pixabay.com

O centro de investigación e desenvolvemento tecnolóxico TECNALIA creou o primeiro laboratorio industrial da tecnoloxía de cadea de bloques ou "Blockchain", unha instalación pioneira en Europa na que as empresas poderán experimentar cos seus retos e necesidades, ver demostracións e casos de éxitos reais, así como realizar ensaios de solucións tecnolóxicas e modelos de negocio relacionados con esta tecnoloxía. Así, neste laboratorio, ensaiaranse desde plataformas de participación e voto electrónico ata sistemas de trazabilidade para os sectores de enerxía, fabricación ou automoción.

Enlace orixinal: Tecnalia pon en marcha o primeiro laboratorio industrial da tecnoloxía de cadea de bloques ou "blockchain"