Xoves, 14 Setembro 2017 00:00

Eu non o implanto, ¿e ti?

Eu non o implanto, ¿e ti? wikimedia

Un día calquera de agosto. Outra xornada laboral máis. Sam Begston chega como sempre ao seu traballo, aparca o seu coche e diríxese á porta de entrada. Cun xesto mecánico busca o seu cartón de acceso no peto da súa camisa, pero deseguido lembra que xa non o necesita e sorrí. Hoxe é un día distinto, pensa para si; o principio dunha nova era. Alza a man, pásaa polo detector e "voilá"! A porta ábrese. ¿Un sensor por pegada dactilar?. Non. ¿Unha cámara de seguridade que recoñece aos traballadores e permítelles o acceso? Tampouco. É un chip baixo a pel, inserido na súa man dereita, entre o dedo índice e o polgar. O que ben podería ser outra novela futurista de Aldous Huxley é a pura e crúa realidade. Un feito que se dá en Wisconsin, Estados Unidos, onde unha empresa que deseña software para máquinas expendedoras implantou un microchip a 50 dos seus traballadores.

Enlace orixinal: Eu non o implanto, ¿e ti?