Ser máis competitivo

O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar  produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente.
O tecido empresarial galego debe avanzar cara a unha economía cada vez máis baseada no coñecemento, tanto sectores punteiros e con capacidade para crear valor engadido e emprego, como na reinvención dos sectores mais maduros e tradicionais que deben avanzar cara unha nova concepción que lles permita seguir sendo elixidos polos clientes no futuro.

En consecuencia, o IGAPE apoia a consolidación e reforzo de iniciativas fundamentadas en:
• Nas capacidades das persoas e das organizacións
• Os investimentos para mellorar e optimizar as capacidades produtivas
• A produción de bens e servizos intensivos en coñecemento
• O crecemento empresarial e a cooperación como medio para redimensionarse e poder incrementar as capacidades competitivas e a expansión internacional

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar