Guías de actividade empresarial

As guías de actividade empresarial son unha ferramenta que valora as actividades empresariais significativas no ámbito económico de Galicia, dende o punto de vista da competitividade e das oportunidades de mercado.

As guías recollen a información necesaria para a análise da viabilidade e a orientación do proxecto empresarial nas súas primeiras fases. Ofrecen información actualizada sobre aspectos como o mercado, a competencia, o volume de demanda, a situación da actividade en Galicia, España e Europa.

O obxectivo das guías non se limita unicamente ao apoio a emprendedores, é un instrumento útil tamén para os concellos, as cámaras de comercio, as confederacións de empresarios, institutos de FP e, en xeral, para todos aqueles axentes que teñan algunha participación no impulso económico de Galicia.