Galicia Rural Emprende - 2019

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia vén dada polo alto grao de representatividade das microempresas e pequenas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

O Goberno galego pretende de cara a 2019 manter o actual vieiro de crecemento estable da economía e do emprego. Neste contexto é vital establecer medidas que fomenten a creación de emprego no rural, de cara a afrontar o reto demográfico que supoñen o envellecemento e o despoboamento do rural, o que permitirá establecer poboación nas zonas máis desfavorecidas de Galicia e aumentar as oportunidades de emprego dos seus habitantes.

O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e mediante a Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, prevé como prioridade 6, área focal 6A, facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego, establecendo na súa medida 06– Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais– a necesidade de establecer axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (submedida 6.2).

[Ver Ficha na base de axudas]

Compartir en redes sociais