O prazo de presentación finalizou o 13/05/2019

IG193 - AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS (CLUSTER) INNOVADORAS DE GALICIA (2019)

Finalidade / Obxectivo

As presentes bases teñen por finalidade o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clúster) innovadoras galegas consolidadas para a realización de actividades neses eidos.

Tipos de apoio

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

1. As axudas contempladas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais (cluster) innovadoras segundo a definición do Regulamento (UE) 651/2014 que cumpran todas estas condicións:

a) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.

b) Que representen un ámbito de actividade/sector definido como prioritario segundo a orientación sectorial do documento Axenda da Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0
1º Estratéxicos: Agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Naval/Industria marítima, Pedra Natural, Textil-moda.
2º Emerxentes e de alto potencial: Aeronáutico/aeroespacial, Industria da saúde e do benestar, Industrias creativas, Biotecnoloxía, Novos materiais, Ecoindustria, TIC.
3º De soporte da nova industria: Telecomunicacións, Enerxía, Loxística.

c) Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Que representen a un ámbito de actividade cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1% no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2017.

e) Que cando menos o 60% dos seus asociados directos sexan empresas e, destas, que o 50% ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.

f) Que teñan como socios directos un número de empresas que cumpra cando menos con dous dos tres seguintes requisitos:
1º 30% da facturación do ámbito de actividade englobado
2º 10% das empresas do ámbito de actividade
3º 20% do emprego do ámbito de actividade.

g) Capacidade tecnolóxica e de innovación. O clúster deberá contar con centros tecnolóxicos propios ou postos á súa disposición mediante colaboración con outras entidades. Neste último caso, só se considerarán válidos a estes efectos os acordos de colaboración con contidos específicos respecto da innovación e a tecnoloxía, rexeitándose os acordos con contidos de carácter xeral, de xestión ou administrativos aínda que estean asinados con centros ou institucións tecnolóxicas.

h) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

i) Capacidade de execución de proxectos implicando aos seus asociados. O clúster deberá acreditar esta capacidade mediante memoria de actividades realizadas nos últimos 3 anos, enumerando e describindo brevemente os proxectos desenvolvidos xunto cos seus asociados ou promovendo a súa participación, tiveran ou non financiamento público. Considerarase que ten esta capacidade se acredita a execución de polo menos dous proxectos por ano.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, sen cumprir calesqueira das condicións d), e), f) ou g) do apartado anterior, teñan en vigor á data da solicitude o recoñecemento como AEI (Agrupación Empresarial Innovadora) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Energía y Turismo ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clústers expedida pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis).

3. Non poderán ser entidades beneficiarias as que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais ou incompatibles co mercado común, nin as empresas en crise segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Requisitos principais do proxecto

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións:

a) a actividade da agrupación para facilitar a colaboración, o intercambio de información e a prestación ou canalización de servizos especializados e personalizados de apoio ás empresas.

b) a comercialización da agrupación para aumentar a participación de novas empresas ou organizacións e reforzar a visibilidade.

c) a organización de programas de formación, talleres e conferencias para fomentar o intercambio de coñecementos e o traballo en redes, así como a cooperación transnacional.

A tal efecto, as entidades solicitantes deberán detallar no formulario de solicitude de axuda unha previsión a tres anos (o da solicitude e os dous seguintes) da planificación de proxectos a realizar que se aliñen cos plans de impulso da Axenda, especificando os custos necesarios para a súa execución. No caso de que a axuda resulte concedida, esta previsión incorporarase á resolución de concesión como condición particular.

Investimentos ou gastos computables

Poderán concederse axudas ao funcionamento das entidades cluster definidas no artigo 4 con arreglo ao seguinte:

1. Poderán ser subvencionables os custos de persoal con contrato laboral, actual ou de nova contratación, que se dedique a tarefas de xestión da entidade cluster. Non se terá en conta ao persoal que desenvolva traballo de especialización técnica e/ou de investigación. A estes efectos, a entidade solicitante achegará unha declaración das tarefas de xestión que desenvolve cada traballador para cuxos gastos solicite axuda.

Tamén se considerarán como gasto realizado en prazo os ingresos a conta do IRPF ou cotas da Seguridade Social liquidables con posterioridade á data de execución.


Aos efectos desta axuda considéranse custos de persoal:

a) Salario bruto: retribucións do persoal que teñan a consideración de concepto retributivo. Non terán esa consideración os finiquitos e indemnizacións por finalización de contrato por calquera causa, as dietas nin as compensacións de transporte ou comida. O período no que o traballador estea de baixa por incapacidade laboral non computará aos efectos de xustificar o gasto. As retribucións non periódicas como pagas por produtividade, beneficios ou similares, aínda que teñan a consideración de salario, só se terán en conta como gasto subvencionable se estiveran recollidas no convenio colectivo de aplicación ou en pacto particular co traballador con anterioridade á publicación destas bases, o que deberá acreditar o beneficiario.

O persoal tamén poderá ser autónomo economicamente dependente da agrupación, conforme á Lei 20/2007do Estatuto de Traballo Autónomo.

Un traballador con contrato laboral non poderá ao mesmo tempo facturarlle á entidade cluster por ningún tipo de servizo como colaborador externo, nin directamente nin a través doutra persoa física ou xurídica interposta.

b) Seguridade Social a cargo do empregador beneficiario da axuda.

Non serán subvencionables os gastos do persoal que teña un custe anual de salario bruto máis Seguridade Social superior a 97.000 euros.

2. Viaxes interurbanas e aloxamento, tanto nacionais como internacionais, necesarias para a realización da actividade de xestión da entidade cluster por parte do persoal aludido no punto 1 deste artigo, por medio de servizos de transporte prestados por ámbitos públicos ou privados (ferrocarril, transporte aéreo, autobús ou vehículo de aluguer). Establécese un custo máximo de 75 euros/día para os custes de aloxamento para todas as categorías de persoal.

3. Gastos relativos a servizos necesarios para a xestión operativa da entidade, excepto gastos financeiros e de investimento. Por exemplo, gastos por arrendamento, reparación e conservación de elementos do inmobilizado e material de oficina entre outros. Este concepto calcularase como un 10% dos custos de persoal imputados.

4. Custos de auditoría da conta xustificativa aos que se refire o artigo 14.7 destas bases reguladoras.

5. No suposto de que o importe do IVE dos gastos subvencionables supoña un custo real soportado polo beneficiario poderá ser considerado tamén un gasto subvencionable.

6. Os gastos previstos por cada entidade deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape establecerá na resolución individual os gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.

Contía das axudas

1. A subvención será do 50% dos custos relacionados no artigo 5.

2. A subvención aos custos de auditoría será do 50% ata un máximo de 2.000 euros por cada liquidación parcial.

3. Estas axudas só poderán concederse durante un máximo de 10 anos a partires da data na que se notifique a resolución de concesión. Para aquelas entidades que tiveran unha axuda concedida ao abeiro da Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG núm. 155, do 18 de agosto) o período de 10 anos comeza a contar o 09/12/2016.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a intensidade de axuda establecida no artigo 6.1

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Referencia lexislativa

Resolución do 29 de marzo 2019 (DOG Nº71 do 11/04/2019) - Bases reguladoras e convocatoria 2019
Resolución do 29 de marzo 2019 (DOG Nº80 do 26/04/2019) - Corrección de erros

Información e tramitación en

As entidades solicitantes deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto e dos gastos subvencionables a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I).
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter toda a información necesaria para acreditar os requisitos e condicións dos artigos 1 e 4, a declaración dos gastos e mención explícita aos criterios sinalados no artigo 6 destas bases.

b) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

Observacións

O prazo de execución dos gastos subvencionables non poderá superar o 15 de outubro de 2021. Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude de cobramento da subvención. O prazo para presentala rematará o derradeiro día hábil do mes natural da data de finalización do prazo de execución establecida na resolución de concesión.

Os beneficiarios poderán presentar solicitudes de cobramento parcial da subvención entre o 1 e o 31 de maio e o 1 e 30 de novembro de cada ano. Para o ano 2019, o prazo para a solicitude de cobramento parcial de novembro será entre o 1 e o 29.

A primeira anualidade comprenderá gastos executados dende a data de presentación da solicitude de axuda ata o 29 de novembro de 2019, a segunda irá dende o 30 de novembro de 2019 ata o 30 de novembro de 2020 e a derradeira, dende o 1 de decembro de 2020 ata o 15 de outubro de 2021.

Os beneficiarios da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50% do importe da primeira anualidade no prazo de 3 meses a contar dende a concesión da axuda. Nas seguintes anualidades poderán solicitar un anticipo do 25% do importe da anualidade nos primeiros 3 meses de cada ano natural. No caso de que o beneficiario presente solicitudes de cobro semestrais, poderá solicitar un novo anticipo por outro 25% da anualidade logo de abonada a solicitude de cobro anterior.