Habilitación dunha liña de reavais do Igape para facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as SGR e as entidades financeiras adheridas.
Préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.
Pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal e desenvolver a súa actividade económica en Galicia.
Deberán cumprir os requisitos dos artigo 10 e 11 da Lei de subvencións de Galicia, e non ser considerados empresas en crise.
Todas as actividades económicas, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 do Regulamento 1408/2013.
Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros.
1. Modalidade: Préstamo.
2. Importe: O importe máximo do préstamo subsidiable será de 500.000 euros. O importe mínimo será de 3.000 euros.
No caso de operacións de importe superior a 150.000 euros as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida.
3. Prazo: préstamos formalizados a un prazo non inferior a 3 anos e non superior a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.
4. Período de disposición: ata a primeira cota de amortización ou, de ser inferior, de 1 ano desde a formalización.
5. Tipo de xuro: Euribor a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes (sen que en ningún caso poida exceder de 2,5 puntos porcentuais). As revisións faranse semestralmente.
6. Comisións: As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 euros. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.
As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,5% en concepto de comisión de estudo, ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.
7. Garantías:
A garantía a favor das entidades financeiras será o aval da sociedade de garantía recíproca polo 100% do risco.
As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura de ata o 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos ou dependentes da Administración.
Financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas aos traballadores, tributos, cotas á Seguridade Social, gastos de alugamento, pagos a provedores e a acredores por prestación de servizos, cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao abeiro desta liña, así como a cancelación anticipada de pólizas de crédito ou préstamos destinados á mesma finalidade, que venzan durante o devandito período de disposición. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou en activos financeiros.
Axuda en forma de garantía.
Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía de ata o 25% do risco asumido pola SGR. Considérase como axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario. Dentro do límite do 25%, a cobertura do reaval do Igape outorgarase por unha porcentaxe que, sumado aos reavais doutros organismos, non superen o 80% do risco asumido pola SGR.
O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados no Igape comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2018.
A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, a da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento da solicitude da axuda.
As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
Resolución do 26 de xullo de 2018 (DOG Nº153 do 10/08/2018) - Bases reguladoras
Resolución do 4 de outubro de 2018 (DOG Nº197 do 16/10/2018) - Adhesión de varias entidades financeiras
1. Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo a través da aplicación http://www.tramita.igape.es
Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I).
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.
Xunto co formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:
a) No caso de persoas xurídicas:
- Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
- Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
b) No caso de entidades obrigadas a formular, aprobar e depositar contas anuais, contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil ou noutro rexistro, segundo proceda correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría.
2. Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralla á entidade financeira e á SGR, a través da Extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es).
Relación de entidades financeiras adheridas:
- Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Galega.
- Bankinter, S.A.
- Caixabank, S.A
- Abanca
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
- Banco Caixa Geral, S.A.
- Banco Sabadell, S.A.