O prazo de presentación finalizou o 27/03/2017

IG208 - ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA (GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS) (2017)

Finalidade / Obxectivo

Co obxectivo de incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido a proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdese: as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016

Enténdese por cluster empresarial as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación cluster.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

4. Consideraranse asimesmo beneficiarias ás pemes que participen directamente nas accións subvencionadas e imputaráselles a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principais do proxecto

1.- Tipos de actuacións que beneficien aun sector empresarial ou a máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou de sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan:

a) Misions empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país extranxeiro.

b) Actuacións do tipo de: participación en feiras ou en outros eventos expositivos (desfiles, catas,…) que teñan lugar no estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.

d) Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Plataformas sectoriais de internacionalización (accións para estudo de mercado, procura de clientes, promoción en liña, etc.)

g) Xestión de tramitación de acordos de empresas conxuntas (joint- ventures), contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro.

h) Xestión de licitacións internacionais.

i) Actuacións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

En cada actuación deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda representando a un mínimo de dúas pemes galegas.

2.- So se concederá un expediente por Organismo Intermedio beneficiario, por un plan de internacionalización no que se poderán incluír varias actuacións das mencionadas

3.- Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliados, resulten cun gasto subvencionable inferior a 5.000 euros.

4.- No caso de que así o solicite o organismo, poderá terse en conta o plan de internacionalización presentado aos efectos de asignación de destino ao organismo solicitante, dun bolseiro do programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, que o Igape aprobe a tal fin.

Investimentos ou gastos computables

Considéranse conceptos subvencionables aqueles gastos facturados ao organismo intermedio e pagados por este.

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:


a ) Viaxe dunha persoa por organismo intermedio e/ou por cada empresa participante na acción que se desprace á cidade de celebración do evento. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se regrese de/a outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción. Só son subvencionables gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, tasas de visado e seguro de viaxe. Límites anexo IV.

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) do artigo 1.1)

b) Aloxamento (en réxime de aloxamento e almorzo) dunha persoa do organismo intermedio e/ou de cada empresa participante na acción que se desprace.

Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta os límites do anexo IV. No caso de accións en máis dun país engadiranse un máximo de 2 pernoctas máis subvencionadas por cada país cun máximo total de 10 pernoctas.

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) do artigo 1.1)

c) No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción). Son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, tasas de visado e seguro de viaxe.

Subvencionarase tamén neste caso os gastos de hotel (en réxime de aloxamento e almorzo).

Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta os límites do anexo IV. No caso de que a viaxe de ida e volta non teña a mesma distancia (a efectos dos límites do anexo IV) terase en conta a media entre as dúas distancias.

Só para actuacións citadas no apartado c) do artigo 1.1.


d) No caso de misións inversas gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con conductor.

Só para actuacións citadas no apartado c) do artigo 1.1.


e) Gastos de publicidad inherentes á acción promocional.

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) e c) do artigo 1.1.

f) Intérpretes.

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) e c) do artigo 1.1.

g) Gastos de aluguer de espazos e servizos relacionados:
1º Aluguer e loxística de salas e outros espazos necesarios para a realización das accións.
2º Posto: aluguer de solo, posto, mobiliario e servizos inherentes.
3º Servizo de organización de eventos.
4º Envío de mostras e catálogos co seu seguro correspondente (unicamente envío de mostras sen valor comercial).

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) e c) do artigo 1.1.

h) Gastos de asistencia externa en destino para a deteción de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais (excepto para servizos ofertados pola rede Pexga).

Só para actuacións citadas nos apartados a), b) e c) do artigo 1.1.

i) Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: Deseño campaña de publicidade, plan de marketing dixital, accións para o posicionamento en buscadores (só no caso de que se implemente a mesma no período de execución destas bases).

Só para actuacións citadas no apartado d) do actuacións citadas no apartado d) do artigo 1.1.

j) Compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación:

Só para actuacións citadas no apartado d) do artigo 1.1.

k) Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino para: deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Só para actuacións citadas no apartado e) do artigo 1.1.

l) Gastos de asistencia externa para creación de aplicacións soporte de comercio electrónico (so no caso de que non existise unha aplicación deste tipo antes da solicitude da axuda para o mesmo proxecto colaborativo e que esté operativa no período de execución dos proxectos establecido nestas bases).

Só para actuacións citadas no apartado f) do artigo 1.1.

j) Bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

Só para actuacións citadas no apartado f) do artigo 1.1.

k) Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución e documentación relacionada.

Só para actuacións citadas nos apartados g) e h) do artigo 1.1.

l) Gastos de alugamento de locais durante o período de vixencia destas bases.

Só para actuacións citadas no apartado i) do artigo 1.1.


Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.
c) Gastos de actuacións dirixidas ao ámbito nacional.
d) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
e) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
f) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados e pagados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución do plan de internacionalización e, facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución de cada anualidade establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do prazo máximo de execución indicado na resolución de convocatoria.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados dende o 1 de xullo de 2016 esixidos en concepto de reserva para accións realizadas no exercicio 2017.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben.

Os provedores non poden ser empresas que formen parte do organismo solicitante, nin poderán estar vinculados co organismo solicitante ou a peme beneficiaria final ou cos seus órganos directivos ou xestores. A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

En ningún caso o custo de adquisición dos conceptos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados por dito organismo. Non se admiten pagos en efectivo.

Contía das axudas

Para os plans de internacionalización incluídos nesta convocatoria a intensidade de axuda será do 80 % de subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención de 150.000 euros por beneficiario e convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo plan de internacionalización, sempre que se subvencionen conceptos de gasto diferentes, ata o 100% do gasto subvencionable.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das actuacións realizadas.

Referencia lexislativa

Resolución do 20 de xaneiro de 2017 (DOG nº17 do 25 de xaneiro de 2017)- Bases e convocatoria 2017

Información e tramitación en

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do plan de internacionalización para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Deberán cubrirse todos os campos do formulario e ao rematar aceptar os datos, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE). As solicitudes de axuda presentaranse mediante formulario normalizado que se obterá na citada aplicación informática (anexo I). As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica.

O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) DNI do representante legal, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
b) NIF da entidade solicitante, só non caso de denegar expresamente a súa consulta.
c) Acreditación da representación con que se actúa.
d) Documentación acreditativa da súa constitución: acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes.
e) Se é o caso, certificación do beneficiario segundo que o IVE das facturas que soportan as actuacións subvencionables non son obxecto de dedución.
f) No caso de centros de innovación tecnolóxica, certificado acreditativo da súa inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31/12/2016.
g) As tres ofertas segundo o artigo 5.5 das bases.
h) Memoria descritiva do plan de internacionalización .
i) A efectos do baremo, se é o caso, estudo estratéxico de internacionalización.

Observacións

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o 30/06/2017.

O prazo de execución dos plans de internacionalización iniciarase o día da solicitude da axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2018 (data última admisible de facturación e pago).

O beneficiario da axuda poderá solicitar dous anticipos unha vez notificada a resolución de concesión: con data límite o 31 de xullo de 2017 poderá solicitar o anticipo correspondente á primera anualidade da subvención e, no mes de xaneiro de 2018 poderá solicitar o anticipo correspondente á segunda anualidade da subvención.

Para aqueles plans de internacionalización cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de setembro de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 6 de outubro de 2017. Para aqueles plans de internacionalización cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2018, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 20 de xullo de 2017.