El plazo de presentación finalizó el 21/02/2018

IG230 - ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS) (2018)

Finalidad / Objetivo

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Actuacións de difusión
b) Actuacións de promoción
c) Accións de prospección en mercados internacionais.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 e 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión:

1º Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

2º Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

3º Plan de márketing internacional dixital: implementación de e-commerce para mercados internacionais, accións de publicidade dixital.

b) Actuacións de promoción:

Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos ou promocionais organizados por terceiros fóra de España. E participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros en España -fóra da Comunidade Autónoma de Galicia- sempre que estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2018 ou 2019 no Boletín Oficial do Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor.

c) Accións de prospección en mercados internacionais.

1º Axendas de reunións.
2º Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.
3º Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) á c) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

Inversiones o gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 10.000 euros por solicitude de axuda

1º Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.

2º Gastos de cotas de participación en plataformas de promoción online.

3º Gastos de deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento. Non será subvencionable este concepto de gasto para empresas que xa obtiveran axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxera dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou, se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.

b) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 24.000 euros por cada evento no que se participe como expositor.

1º Gastos de viaxe dunha persoa por empresa solicitante á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne de/a outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción.

Unicamente se admitirán os gastos viaxe de persoal da empresa solicitante, entendendo por tal calquera traballador da empresa contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro xeito para labores de internacionalización da empresa. Estas condicións acreditaranse mediante declaración no formulario electrónico de solicitude.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º Aloxamento dunha persoa por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas, cos límites indicados no anexo IV.

No caso de accións en mais dun país engadiranse un máximo de 2 pernoctas mais subvencionadas por país cun máximo total de 10 pernoctas.

3º Gastos de: aluguer de espazos e servizos relacionados co dito aluguer; aluguer de stand; aluguer de mobiliario ou outra decoración e servizos inherentes á participación no evento como expositor facturados polo organizador.

4º Gastos de servizos de: intérpretes, modelos, azafatas, ou outro persoal de apoio; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente (unicamente envío de mostras sen valor comercial), construción de stand e deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 5.000 euros por solicitude.

Gastos de servizos de consultaría para a realización de axendas (non será subvencionable a mera realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución da axuda), desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.
c) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
d) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.
e) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados dende o 1 de xullo de 2017 esixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2018.

Cuantía de las ayudas

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 70%.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 70.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 100.000 euros).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para as mesmas accións, sempre que se subvencionen partidas de gasto diferentes, ata o 100% do gasto subvencionable.

. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Referencia legislativa

Resolución do 7 de decembro de 2017 (DOG Nº do 21/12/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2018
Resolución do 7 de decembro de 2017 (DOG Nº8 do 11/01/2018) - Corrección de erros do extracto das bases
Resolución do 6 de setembro de 2018 (DOG Nº175 do 13/09/2018) - Ampliación prazo resolución e execución
Resolución do 31 de outubro de 2018 (DOG Nº213 do 08/11/2018) - Resolución definitiva
Resolución do 10 de xaneiro de 2019 (DOG Nº11 do 16/01/2019) - Rectificación da resolución de concesión

Información y tramitación en

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 900 81 51 51.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá: os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).
Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os autónomos (persoas físicas), en canto pemes, poden ser beneficiarios destas axudas. Dada a finalidade destas axudas de apoio á internacionalización, para levar a cabo un proxecto destas características, as empresas deben partir dun nivel de desenvolvemento dixital -no que se refire a recursos físicos e persoais- que supón necesariamente que os autónomos que están internacionalizados ou pretenden internacionalizarse dispoñen de medios electrónicos adecuados, polo que a única vía de presentación da solicitude de axuda será a electrónica.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación con que se actúa.
b) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.4 destas bases reguladoras.
d) No caso de solicitude de axuda para: plan de marketing dixital ou aplicación de comercio electrónico previsto no punto 3º do artigo 5.1.a), ou para a realización de axendas e/ou seguimento de contactos iniciais previsto no artigo 5.1.c), será necesario achegar informe da empresa ou empresas externas a contratar no que se indique como mínimo: situación actual do solicitante de axuda polo que se refire ao servizo a contratar (marketing dixital, comercio electrónico ou posicionamento no mercado obxectivo), necesidades, tipos de servizos a prestar, o seu alcance, mercados aos que se dirixe, cronograma e resultados esperados.
e) Para os efectos sinalados no artigo 6.3 destas bases, se é o caso: estudo estratéxico de internacionalización da empresa que inclúa como mínimo a análise indicada no artigo 6.3.b), análise de mercado, análise da competencia e proxección de vendas.

Observaciones

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o 31 de outubro de 2018.

O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 9 de novembro de 2018 para as solicitudes con accións a realizar ata esta data (orzamento 2018) e do 1 de xullo de 2019 para solicitudes con accións a realizar ata esta data (orzamento 2019). Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.